Blogia
Andresadas

GTA San Andreas. A polémica

GTA San Andreas. A polémica O GTA San Andreas é un novo xogo de acción para a Play Station 2. É unha continuación da saga creada para esta vídeo-consola, despois de ter creado xogos como o GTA, GTA II, GTA III, GTA Vice City... ( GTA significa en inglés Grand Theft Auto). Este xogo ofrece grandes posibilidades, múltiples aventuras nas que o usuario pode embarcarse . A medida que o xogador consegue completar as misións; acumula diñeiro, armas, vehículos e todo o que precise para o futuro.

Outras accións que pode realizar todo aquel que participe neste xogo son, por exemplo, matar a todo aquel que apareza por diante, con múltiples armas ( bazookas, rifis, lanza-granadas... e armas que non son de fogo, coma un bate ou mesmo cos propios puños do protagonista da historia...); roubar vehículos con facilidade, e, tamén, recoller prostitutas nos carros roubados ( como curiosidade, destacamos que as prostitutas teñen a capacidade de rexurdir, é dicir, de lle dar puntos de vida aos xogadores). A liberdade neste xogo rebasa tódolos lindes... O GTA San Andreas ten á sua disposición unha páxina web para información dos máis curiosos, explicando todo luxo de detalles sobre o xogo.

Este xogo está recomendado, , a maiores de 18 anos, pero isto non supón que os mais pequenos non reciban a sua influencia. Como xogador de vídeo-consola, recoñezo que este xogo é apaixoante, que a liberdade de actos fainos vivir e sentir a ficción que os creadores do xogo formaron para o noso disfrute. Por outra banda, considero que non é un bon exemplo para os máis pequenos, xa que estes, con pouca capacidade do uso da razón, poden recibir unha influencia nociva e perxudicial. Ainda asi, outros xogos violentos xa provocaron grandes traxedias, como o famoso "Asasino da katana", pero non creo que este rapaz cometera ese crime tan só pola influencia dese xogo. Considero que non é posíbel que agora un neno que xogue ao GTA San Andreas se poña a roubar carros pola rúa, nen a matar á xente, porque é consciente de que tán só é ficción. Esa é a cuestión, saber separar a realidade da ficción. Con isto, non quero dicir que estea a favor de que os nenos xoguen a este xogo, considero acertado a recomendación deste entretemento para maiores de 18 anos. Prefiro que vostedes debatan e reflexionen sobre o xogo. ¿ Xogaron? ¿ Gustaríalles facelo ? ¿ Que influencia cren que provoca este xogo realmente?

Por último, explicar o motivo da intrusión deste artigo no meu web blog. O sexo está presente ao longo do xogo: as prostitutas son un factor fundamental, xa que, no caso de que o xogador se vexa agonizando recorre a estas para que lles salve a vida. Visto desde o punto de vista humorístico, non é mais que un detalle simpático do xogo, pero... ,¿ É que sempre está o corpo e a muller como detalle de comedia?

No apartado de enlaces do web blog, teñen para a sua disposición outro web blog no que aparece información rica e variada sobre este xogo ( clicar sobre a imaxe-portada do xogo).

1 comentario

Larinha -

Eu penso que este tipo de ficcións (sexan audiovisuais, interactivas ou no soporte que cadre) reflicten unha estrutura social determinada: violencia patriarcal. A miña pregunta, que lanzo ao aire, é: é a violencia audiovisual ou en calquera formato inhibidora ou incitadora? Que lectura se pode facer deste videoxogo? Hai posturas puritanas, ao meu entender, que ven calquera forma de violencia como provocadora de máis violencia (e caemos entón nuha forma de censura), pero hai outras posturas que a defenden sen facer unha análise profunda das consecuencias no público... O tema daría para unha tese, pero prefiro deixar o debate aberto. Bicos!!!